A veciñanza de Xoane e Cances plántase polas carencias nas obras de reforma da estrada AC-414

A veciñanza de Cances e Xoane, décadas pedindo a renovación do firme da estrada AC-414, de titularidade autonómica. E despois de moitas peticións, parecía hai apenas un mes, que a Xunta comezaba coa obra. Pero a veciñanza enteirouse de que a reforma non se ía facer como estaba establecido no proxecto inicial, e que no canto de facer primeiro unha rebaixa para igualar o terreo, apenas ían botar unha capa de 5cm por riba das fochancas.

A veciñanza paralizou a obra e xa realizou unha concentración de protesta, pechando a rotonda da estrada en Xoane, e despois dunha semana de espera, e á vista de que non hai movementos veñen de convocar unha nova concentración para este venres 14 de xuño ás 19:00, Irán dende ao lugar de Cances ata o Punta del Este.
A veciñanza esixe unha rebaixa da estrada para igualar o terreo, e que o asfaltado tamén contemple a renovación das zonas de aparcamento. Pero ademais, piden tamén unha senda peonil para atravesar Xoane e outra para Vilariño de Cances.