Venres. 17.05.2024
El tiempo

Xunta e Concello de Carballo acordan, con acusacións, o arranxo e a cesión dun treito estrada AC-414

Estrada AC 414 por Xoane
Estado da estrada AC 414 ao seu paso por Xoane
Xunta e Concello de Carballo acordan, con acusacións, o arranxo e a cesión dun treito estrada AC-414

Como aconteceu coa Circunvalación, a Xunta e o Concello de Carballo volven enlearse para executar unhas obras necesarias.

Dende o ano 2017 o Concello carballés leva enviado á Consellería de Infraestruturas 6 solicitudes de arranxo da estrada autonómica AC-414 ao seu paso polas parroquias de Goiáns e Cances, unha delas acompañada con 198 sinaturas de veciños e veciñas da parroquia de Goiáns.

6 anos leva sen contestar a Xunta, que este pasado mediodía enviaba unha nota de prensa na que se ofrecía a realizar as obras sempre e cando o concello asumise titularidade da vía xa que un treito da mesma era de uso veciñal. A nota instaba ao Concello a recoñecer ese compromiso cando en cada unha das 6 cartas emitidas, o Concello se ofrecía a asumir a titularidade da vía sempre e cando a Xunta acometese primeiro o seu arranxo.

Con todo, parece que en breve haberá acordo para asumir os arranxos da devandita estrada e posterior cambio de titularidade.

O Concello esixe para o Tramo de Xoane:
- Nova pavimentación da calzada e do aparcamento na marxe esquerda no sentido de avance dos PQ da estrada.
- Creación dunha senda mixta peonil e ciclista na marxe dereita no sentido de avance dos PQ da estrada.

E para o Tramo de Cances, unha Nova pavimentación da calzada e dos aparcamentos en toda a sección.

Novas relacionadas

Comentarios