Venres. 03.05.2024
El tiempo

O BNG de Carballo esixe, por 7º ano consecutivo, o arranxo da AC-414

Estrada AC 414 por Xoane
Estrada AC 414 por Xoane
O BNG de Carballo esixe, por 7º ano consecutivo, o arranxo da AC-414

Foi en abril cando o Concello de Carballo e a Xunta acodaban o arranxo e a cesión da AC-414. Pero o convenio nunca se chegou a rubrircar, a pesar de que o Concello de Carballo leva dende 2016 pedindo a Xunta que renove a estrada autonómimca..

Hoxe volveu facer o BNG carballés, esixindo unha vez máis que "Xunta que asuma as súas competencias e realice unha actuación integral na estrada AC-414 a seu paso polos núcleos de Xoane da Estrada e Cances", incluíndo unhas sendas peonís.

Así, o deputado e edil Daniel Pérez vai levar á Comisión deste venres no Parlamento a mesma iniciativa presentada en xullo, ao ver que non hai acción ningunha.

O deputado lembra que a situación da estrada leva sendo denunciada de xeito reiterado pola veciñanza e polo Concello de Carballo, que ano tras ano vén solicitando á Xunta de Galicia o arranxo da vía e amosando a súa disposición non só a asumir a súa titularidade ao remate das obras senón tamén unha porcentaxe do orzamento preciso, aínda sabendo que se trata dunha vía de
titularidade autonómica.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios