Un vehículo comeza a arder no medio de Bértoa

08:24 27/11/19
Este mediodía de martes 26 de novembro, preto das 14:00 un vehículo sufría un incendio no medio da AC-552, en Bértoa, Carballo, ao lado da Parrillada Palenque. O vehículo ía circulando e por causas descoñecidas comezou a arder pola zona do motor.
Os ocupantes do vehículo conseguiron saír ilesos e conseguían apagar o lume con extintores de pó.
Os Bombeiros de Carballo acodían de contado, e refrixeraron toda a parte do motor, que foi a que se viu afectada polo incendio.