Luns. 29.04.2024
El tiempo

Venres electoral na comarca

Os tres principais partidos que se presentan na comarca ás eleccións do xerais do 23 de xullo realizaron diversos eventos na Costa da Morte. PSOE e BNG escolleron Carballo mentres que o PP fíxoo en Fisterra.
PP en Fisterra caminando
O PP realizou un acto a pé en Fisterra
Venres electoral na comarca

PSOE en Fisterra

Mitin do PSOE en Carballo

O ministro de Sanidade e cabeza de lista do PSOE ao Congreso pola provincia da Coruña, José Miñones ofreceu na tarde de onte, xunto ao secretario provincial Bernardo Fernández Piñeiro, o mitin central que o PSOE provincial celebrou na comarca de Bergantiños. Ademais de Bernardo Fernández, no acto participou a secretaria xeral local, Mari Carmen Vila, e o candidato ao Senado Xosé Sánchez Bugallo.

Na súa intervención, o ministro de Sanidade puxo en valor que o Executivo de Sánchez investiu en Bergantiños máis de 23 millóns de euros, en proxectos de "mobilidade sustentable" e de "iluminación”.

PP en Fisterra

20230714_ARuedaEnFinisterre-6

A presenza como candidato nº3 do voceiro fisterrán Luís Insua fixo que o presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, se achegase ata Fisterra. Acompañados do nº1 da lista, Marta González, e o nº2 Álvaro Pérez, realizaron a pé un tramo do Camiño de Santiago en Fisterra.

Rueda amosouse convencido de que Feijóo será unha “baza fundamental” no desenvolvemento do “turismo con sentidiño” que caracteriza a Galicia. “Estou seguro de que o futuro presidente do Goberno vai ser unha baza fundamental para seguir no noso desenvolvemento turístico. Porque coñece ben a súa terra e sobre todo as súas posibilidades”, engadiu.

BNG en Carballo

CARBALLO_BNG_EX_23X_14 DE XULLO_3

Carballo acollía o mitin de Ana Pontón e Néstor Rego nha chamada a todas as persoas que votaron ao BNG nas pasadas eleccións municipais e antes nas eleccións galegas para que este 23X volvan coller a papeleta do Bloque: “Pídolles que volvan confiar no BNG, que volvan encher as urnas de votos ao BNG para ter un grupo galego forte no Congreso, porque se repiten ese apoio Galiza terá unha voz forte en Madrid capaz de defender os intereses do País e frear a alianza do PP coa extrema dereita antigalega”, indicou.

Pontón apelou á veciñanza que votaron BNG nas galegas e municipais: “Co voso apoio haberá grupo galego forte”, sinalando que a papeleta do Bloque vale dobre: “para facer respectar Galiza en Madrid e para frear ao PP aliado da extrema dereita antigalega, asegura en Carballo”.

Rego lembrou que “1.500 propostas referidas ao País demostran que un só deputado é máis útil que 22 que dependen do que se decida en Génova e Ferraz”.

Mitin en Ponteceso

O BNG invita a un Acto Público Aberto que celebrará en Ponteceso nesta Campaña, este luns 17 de xullo ás 20:30h na Casa dos Veciños do Couto.

BNG Mitin _O_Couto - Ponteceso

Comentarios