xoves. 14.11.2024
El tiempo

As verbenas, sen abusos nin discriminacións

Campana de festas sen abusos
As verbenas, sen abusos nin discriminacións
As verbenas, sen abusos nin discriminacións

Chega o verán e faise necesaria unha reflexión para afrontar a longa serie de verbenas estivais sen problemas de discriminación. Non hai moito que as orquestras entonaban o “#maricónelquenobote” mentres o fervorido público votaba sen cesar. Queremos que estas cousas a día de hoxe non son permitidas pola sociedade e esperamos que as orquestras vaian tomando conciencia do que non se pode dicir.

E do que non se pode facer, nin permitir, tócanos a nós, a sociedade, telo ben claro. De aí que Concellaría de Igualdade e Benestar a través do Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Carballo tamén poña en marcha durante as festas unha nova campaña contra a violencia sexual. O obxectivo é sensibilizar á mocidade contra o acoso e as agresións sexuais e a favor dun consumo responsable de alcohol.

Co gallo do potentísimo SanXoán carballés toca entonar o “Carballo en festas, agresións 0’0”. Aínda que a iniciativa arranca agora, o obxectivo é estendela a todo o ano e a diferentes ámbitos, convidando a sumarse tanto ás comisións de festas de barrios e parroquias coma aos empresarios/as do sector do ocio nocturno. Os/as interesados poderán solicitar a cartelería específica.

Comentarios