Martes. 15.10.2024
El tiempo

Verdillo e Sísamo estrean a segunda rolda dos Consellos Parroquiais

Verdillo e Sísamo estrean a segunda rolda dos Consellos Parroquiais
consello-parroquial-sisamo Imaxe do Consello Parroquial de Sísamo o pasado mes de febreiro

Despois de percorrer o concello parroquia a parroquia escoitando as demandas dos veciños, toca dar conta do realizado e ademais volver abrir ben as orellas. Así o entenden dende o Concello de Carballo, que comeza esta semana a segunda rolda dos Consellos Parroquiais.

Así, este proxecto de participación veciñal (que está calando non só en Carballo, senón tamén na contorna como comprobamos ca experiencia vimiancesa) retoma a actividade con sendas citas en Verdillo e Sísamo, e irá pasando por cada unha das súas 17 parroquias.
Este mércores, ás 20.30 horas, están convocados no centro social os veciños e veciñas de Verdillo, que xa celebraron unha xuntanza previa para revisar as peticións e propostas do primeiro consello e preparar o encontro desta semana cos representantes dos distintos grupos que integran a corporación municipal. O xoves á mesma hora celebrarase consello parroquial en Sísamo, e xa a semana que vén reuniranse os de Oza (martes 13), Goiáns (mércores 14) e Rus (xoves 15).

Dende o comezo da constitución dos consellos o pasado outubro, xa son máis de 300 as persoas que están a participar activamente da vida municipal de Carballo. Os consellos parroquiais son entes vivos e abertos permanentemente á participación tanto de entidades coma de cidadás e cidadáns a título individual. As persoas interesadas teñen á súa disposición o número de teléfono 981 704 700 e o enderezo electrónico [email protected].

Novas relacionadas

Comentarios