Venres. 18.06.2021
El tiempo

Vieiro mobiliza a comarca de Bergantiños polo Día Mundial Sen Tabaco

Mesa informativa da Asociacion Vieiro polo Dia Mundial sen Tabaco
Vieiro mobiliza a comarca de Bergantiños polo Día Mundial Sen Tabaco

Este vindeiro 31 de maio celébrase o Día Mundial sen Tabaco nun ano singular no que a pandemia levou a millóns de consumidores e consumidoras a afirmar que desexan deixalo. Un perfecto día podería ser este 31 de maio, que se pon o obxectivo disuadir o consumo de tabaco en calquera das súas formas (cigarros, pipas, cachimbas, etc.) entre os mozos e mozos co fin de destapar as tácticas das industrias tabaqueras para atraelos/as e lograr unha xeración libe de tabaco.

Un Día no que as entidades sociais abren unha campaña de loita contra a mercadotecnia sistemática, agresiva e sostida que a industria tabaquera e outras industrias relacionadas utilizan para que unha nova xeración engánchese ao consumo dos seus produtos.

Así o entende a Asociación Vieiro, que fai un chamamento á mocidade para que se sumen á loita por converterse nunha xeración libre de tabaco. Para iso, vai levar a cabo diversas actividades arredor da data.

Por un lado vai instalar unha carpa con mesa informativa durante a mañá do xoves 27 de Maio, coincidindo co mercado semanal, para lograr chegar á maior poboación posible. O seu obxectivo é sensibilizar e crear concienciación a través da distribución de diferentes materias informativos.

Ademais, a entidade conseguiu que os Concellos da Comarca de Bergantiños iluminen de verde as súas fachadas co gallo da data .

comentarios