Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Vieiro prepara a horta social do CEIP de Sofán

A educadora Social de Vieiro  Miriam Romero Traba
A educadora Social de Vieiro, Miriam Romero Traba
Vieiro prepara a horta social do CEIP de Sofán
Vieiro prepara a horta social do CEIP de Sofán

A Asociación Vieiro dá comezo hoxe luns no CEIP Gándara Sofán o programa “Na Horta cos meus amigos/as”, dirixido a nenos e nenas de 3º e 4º de Educación Primaria e impartido pola educadora social Miriam Romeu Traba.

Un programa de contos protagonizados por hortalizas e que relatan situacións persoais que requiren unha solución e que son similares ás que viven os nenos nesta etapa evolutiva. Neles trabállanse diferentes temas: os medos, as burlas, os prexuízos e a discriminación, as mentiras, as trampas, os celos, os castigos inxustos, as diferenzas físicas e culturais, a presión de grupo, a resolución de problemas e a identificación de emocións, entre outros.

O seu obxectivo xeral é contribuír á maduración psicoafectiva, á adquisición de hábitos de saúde e benestar e ao comezo dun traballo preventivo sobre condutas de risco en etapas máis tempranas.

Un aspecto fundamental do programa é a identificación de emocións, coñecendo os sentimentos máis comúns experimentados polos nenos/as de 8 e 9 anos. Trátase de conseguir que aprendan a expresar correctamente as súas emocións, de que falen do que senten, e a partir de aí comprender que eses sentimentos son compartidos polos seus compañeiros/as e que existen diferentes formas de reaccionar antes eles.

A Asociación anima a todos os centros de Educación Primaria interesados a solicitar o programa para impartirlo no seu centro.
Este programa é totalmente gratuito e está subvencionado polo Servizo de prevención de Condutas Adictivas da Dirección Xeral de Innovación e Xestión de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

Novas relacionadas

Comentarios