Venres. 26.04.2024
El tiempo

Vieiro segue traballando na prevención e fomento de vida saudable con todos os estratos de Carballo

15102021 convenio_vieiro (2)
Xosé María Arán e Fina Rey, de Vieiro, xunto co alcalde de Carballo, Evencio Ferrero e a concelleira de Igualdade e Benestar, Maica Ures.
Vieiro segue traballando na prevención e fomento de vida saudable con todos os estratos de Carballo

Continúa a Asociación Vieiro como un das entidades que máis están traballando na zona de Bergantiños en materia de prevención e fomento de hábitos saudables. Seguriao facendo trala sinatura do convenio de colaboración co Concello de Carballo.

O Concello realizará unha achega de 6.000 euros para financiar o programa de prevención da exclusión social que promove a entidade, cuxa directiva agradeceu a colaboración municipal.
Ademais do convenio de colaboración para loitar contra a exclusión social, a Asociación Vieiro tamén recibe este ano 6.786 euros para o desenvolvemento do programa “Quéreme ben”, neste caso con cargo á liña de subvencións convocada pola Concellaría de Igualdade e Benestar para as entidades que desenvolven o seu labor no ámbito social.

Os coles na horta das emocións

en la huerta con mis amigos 2020

A Asociación Vieiro dentro da súa programación no ámbito escola, comezou nos centros de educación primaria do Municipio de Carballo o programa “Na Horta cos meus amigos/as”, dirixido a nenos e nenas de 3º e 4º de Educación Primaria. O obxectivo deste programa é contribuír á maduración psicoafectiva, á adquisición de hábitos de saúde e benestar e ao comezo dun traballo preventivo sobre condutas de risco en etapas máis tempranas.

A base de contos trabállanse diferentes temas: os medos, as burlas, os prejuicios e a discriminación, as mentiras, as trampas, os celos, os castigos inxustos, as diferenzas físicas e culturais, a presión de grupo, a resolución de problemas e a identificación de emocións, entre outros.

Adrián López Agra (educador Social), Dalila Vizcaíno (pedagoga) e Iria Villar Cancela (educadora social), imparten estes obradoiros.

Comentarios