Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Vieiro volve aos coles de Carballo para aprender ao alumnado a recoñecer as emocións

Formadoras de Vieiro
Formadoras de Vieiro
Vieiro volve aos coles de Carballo para aprender ao alumnado a recoñecer as emocións

A educación emocional é algo que non se dá en ningunha materia. De aí a importancia destas sesións propostas pola Asociación Vieiro enmarcadas no programa “O labirinto das emocións”. Este luns as formadoras da entidade comezan a visitas os centros de ensino carballeses para darlles ao alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria as chaves para un mellor auto coñecemento das emocións, favorecendo así os factores de protección fronte a condutas ou situacións de risco.

O programa está composto por 5 sesións de 55 minutos con periodicidade semanal nas que se traballan a través de contos as 5 emocións básicas: noxo, alegría, tristeza, ira e medo. Trátase de que os nenos/as aprendan a expresar correctamente as súas emocións, que falen do que senten, e a partir de aí comprender que eses sentimentos son compartidos polos seus compañeiros/as e que existen diferentes formas de reaccionar ante eles.

Comentarios