Vieiro volve invitar a ANPAS e centros educativos á Escola de Pais

A Asociación Vieiro dentro da programación de prevención no eido familiar, pon en funcionamento o programa “Pais e nais no océano educativo”. Un programa, totalmente gratuíto, poderano solicitar aquelas ANPAS ou CENTROS EDUCATIVOS que o desexen, ademais de os pais e nais a nivel persoal.
O programa está destinado a pais, nais e persoas con responsabilidade familiar, que desexen informarse e formarse á hora de desempeñar a súa labor como educadores/as.
Está composto por obradoiros impartidos polas psicólogas e educadoras de Vieiro, Lara Rodríguez e Miriam Romero, que buscarán dar as ferramentas axeitadas para saber navegar no océano educativo e que se distribúen do seguinte xeito:
- “CARTAS DE NAVEGACIÓN” (Habilidades sociais)
- “BUSCANDO O NORTE” (Disciplina positiva).
- “CADA BARCO TEN O SEU TIMÓN” (Normas e límites).
- “CAPEANDO O TEMPORAL” (Resolución de conflitos).
- “MAR DE REDES” (Novas tecnoloxías).
- “MARIÑEIROS E MARIÑEIRAS” (Coeducación e igualdade de xénero).
Os obradoiros darán comezo no mes de Novembro. As sesións terán unha periocidade semanal, quincenal ou mensual segundo preferencia dos participantes e a súa duración será de hora e media.
A inscrición pode facerse na Asociación Vieiro, chamando ao teléfono 981 75 61 61 ou na ANPA do colexio a onde pertenzan.