Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Vieiro volve á Rúa Xazmín

vieiro sede de sempre en carballo
A sede de Vieiro na Rúa Xazmín de Carballo
Vieiro volve á Rúa Xazmín

Tras varios meses “de prestado” na antiga escola de titularidade municipal sita na rúa Alfredo Brañas, e tralo remate das obras da mellora da cuberta e a instalación de infraestruras de comunicación e equipamento informático, a Asociación Vieiro, volve de novo á localización da rúa xazmíns, Nº 2, de Carballo (antiga escola taller) na zona da Cristina.

A entidade pode seguir ofrecendo os seus servizo de atención e información tanto ás persoas que presentan calquera tipo de adicción con ou sen sustancia, como ás súas familias; servizo de orientación a familias con fillos/as con conflitos ou dificultades na súa relación; servizo de axuda xurídica ao toxicómano/a e familias.

E ademais continúa levando a cabo o seu labor preventivo a través da programación que a entidade oferta a distintos ámbitos e colectivos: escolar, comunitario, laboral, xuvenil e familiar.

A entidade recupera actividade presencial nos horarios habituais de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 18:00.
E podes contactar con ela vía teléfono 981756161, vía whatsapp no 604075815 ou en [email protected].

Outras novas de Vieiro

Comentarios