Volve a “gran romería rock” do XiriaPop
Non marchou nin con pandemia (a última edición foi no Pazo da Cultura con aforo limitado), pero volve con máis forza que nunca. Volve o XiriaPop, na súa 24ª edición, “un festival pequeno, pero con vocación internacional”, como recoñece o seu armadanzas Xabier Graña. “Polo noso escenario pasaron músicos galegos, ingleses, americanos e ata xaponeses. Somos un festival alternativo. Estamos (e estaremos sempre) en Carballo”, sentenza. “Ademais, temos o mellor público do mundo. O que ano tras ano volta a nosa pequena gran romería rock”.
A cita será o 24 e 25 de setembro no Casino1889 de Carballo, e todos os abonos xa foron vendidos na venda anticipada.
”Se a edición do 2020 foi pura supervivencia, a do 2021, a XXIV para nos, é pura resistencia. E voltamos, armados ata os dentes, con sete balas, máis unha na recámara, coas que queremos aniquilar absolutamente a desidia”, explica. Nese sentido, valora que estes anos están sendo “devastadores” para o sector cultural, por iso é necesario “facer forza dende a cultura de base.
Programa
O venres 24 disparan:
- Pablo Solo (Santander), un auténtico home orquestra que loopea pistas, toca a percusión, canta…
- Angel Kaplan (Gijón), “unha rara avis que se deixa ver moi moi pouco, a pesar de ser referencia no power-pop español, que xa estivo en Carballo con Peralta.
- Jabato (Madrid), banda de “pop luminoso e optimista”, que dan o salto dende o underground madrileño ao mundo… e é que como o seu lema di “Jabato van directos ao Estrellato”.
- Los Malinches (Murcia), rollo garaxe-surf na onda Latinoaméricana de finais dos sesenta, cun directo salvaxe, que vai poner moi, moi difícil o de ficar sentados na cadeira.
Para o sábado 25 disparan:
- Xiriavermú con Quant, os ferroláns que son da casa, volven coas sñuas etras desenfadadas e guitarras limpas para comezar coa festa a mediodía.
- Escombros (Madrid), punk, rock, garaxe… Rápidos e furiosos.
- The Brosas (Burela), os Motorhëad galegos.
- Las Sombras (Barcelona), banda de punk e garage rock xurdido no 89. Veteranos da escena de Barcelona, potencia e crudeza.
Para os que non o coñecedes, este é un resumo do ano pasado, aínda que este ano no Casino, seguro que a cousa é máis agarimosa: