Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Volven as Xornadas Micolóxicas da Asociación Cultural Lumieira

Xornadas Micoloxicas Lumieira Carballo 2023
Volven as Xornadas Micolóxicas da Asociación Cultural Lumieira

Xa estamos en outono, e ademais das chivueiras, chegan as saídas micolóxicas. A primeira entidade en recuperar estes clásicos é a carballesa AC Lumieira, que prepara un par de fins de semana de interese.

O sábado 8 de outubro, haberá saída e recollida a partir das 10:00h, dende o Forum, con volta ás 16:30 para catalogar o recollido co especialista ceense José Manuel Castro Marcote.

A finde do 22 e 23 de outubro chega completa, cun sábado semellante ao do 8, pero da man de Tomás Rodíguez Novoa, e un domingo na que se realizará unha exposición na Feira.

Cómpre inscribirse no 609 884 714 ou 647 437 906 ou en [email protected].

Comentarios