Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Volveu a actividade nos Consellos Parroquiais carballeses

Consello Parroquial de Entrecruces
Consello Parroquial de Entrecruces
Volveu a actividade nos Consellos Parroquiais carballeses

Son unha da demostración de que a participación cidadá é posible na vida política municipal. Os Consellos Parroquiais, tras dous anos paralizados, volven servir de punto de encontro entre a veciñanza das parroquias e a corporación municipal (participan representantes de todos os grupos). O primeiro dende o inicio da pandemia celebrouse este martes en Entrecruces, cunhas 30 persoas que encheron un Centro Social que tamén vai recuperando pouco a pouco outro tipo de actividades.

O alcalde, Evencio Ferrero, informou á veciñanza sobre a aprobación do proxecto de abastecemento de auga a Entrecruces, que está pendente dos informes sectoriais para poder iniciar o procedemento de contratación e executar a obra o ano que vén. O investimento acada os 530.000 euros.

Por parte da veciñanza presentáronse solicitudes de distintas actuacións, fundamentalmente de limpeza de vías, alumeado, xestión de residuos, posta a punto de elementos etnográficos e acondicionamento de espazos de ocio para infancia e maiores. Outra cuestión, que ademais repítese en varios consellos, é o control da actividade madeireira, dados os danos que provocan os vehículos nos camiños.

Vindeira cita

O xoves tiva tamén tivo lugar o Consello Parroquial de Rus, tamén ás 20.00 horas. As próximas xuntanzas serán nos centros sociais de Verdillo, o día 19; Ardaña, o 24; Imende (Consello Parroquial de Noicela-Rebordelos), o 26, e Vilela, o 31.

Comentarios