A Xunta lembra en Carballo as axudas para a reforma enerxética para vivendas e edificios
A obra que se desenvolve nun edificio da avenida Ponte da Pedra conto cunha axuda de 144.000 euros concedida polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no marco do programa de mellora e reforma enerxética para vivendas e edificios. Un exemplo que serviu para que o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, se achegase á capital de Bergantiños á lembrar que o prazo de presentación para estas axudas (só de xeito virtual) se prolongará ata o 31 de xullo.
Nas últimas convocatorias recibiron estas achegas 12 beneficiarios deste tipo nos concellos de A Laracha, Carballo, Cee, Corcubión, Fisterra, Malpica, Vimianzo e Zas, que supuxeron unhas achegas por parte do Goberno autonómico de máis de 283.000 euros.
Ao abeiro destas axudas poderán subvencionarse actuacións de mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica, de uso de enerxías renovables e de mellora das instalacións de iluminación.