Mércores. 14.04.2021
El tiempo

A Xunta valora a aposta de formación para o emprego no Fórum Carballo

Formacion en Carballo Forum copia
Visita institucional ao Forum Carballo
A Xunta valora a aposta de formación para o emprego no Fórum Carballo

Esta semana, a directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, visitou as dependencias do centro formativo municipal Fórum Carballo. Fíxoo para analizar os resultados do Obradoiro de emprego de garantía xuvenil que rematou en marzo de 2020, que formou unha ducia de [email protected] en Carpintaría, aproveitando o traballo para darlle forma á musealización do edificio Museo de Bergantiños.
No seu interese por seguir ofertando formación de primeira calidade, o municipio carballés solicitou dous novos obradoiros na actual convocatoria 2021-2022, que se está a tramitar, coas que aspira chegar a 32 alumnos. Un será de cociña e outro será un obradoiro dual.

Durante a súa visita ao complexo municipal Lado destacou “o seu papel referente na prestación de servizos á veciñanza ao desenvolver unha das prioridades da Administración galega, a de facilitar a formación da poboación na busca activa de emprego”. “O proxecto Fórum Carballo integra todas as pezas do armazón que compón a xestión das accións formativas e a posta en marcha dos seus recursos nun único espazo”, recalcou.

Novas relacionadas

comentarios