Venres. 19.04.2024
El tiempo

Un sistema de soldadura pioneiro para o taller formativo de Soldadura do Forum

soldadura_con_auga no Forum Carballo
Un sistema de soldadura pioneiro para o taller formativo de Soldadura do Forum

Segue mellorando o Centro Municipal de Formación de Carballo. O Forum imparte cursos de Hostalería, Carpintería de Soldadura de primeiro nivel, sendo unha gran oportunidade formativa para a comarca.

E segue mellorando as súas ferramentas. Xa foi pioneiro no seu día cos simuladores instalados para a formación en soldadura, e esta semana vén de incorporar un equipo que funciona con auga destilada, o que permite eliminar
todas as emisións, mellora a seguridade e suprime o risco de incendio causado por unha chispa. Técnicos da empresa Castolín Eutectic, líder mundial no sector, achegáronse ata as instalacións do Fórum Carballo para realizar unha demostración práctica do funcionamento do equipo.

O alumnado de soldadura, que está xa na fase final da súa formación en aula, posto que o curso rematará o vindeiro martes 10, achegouse ata a nave para asistir á demostración e realizar as súas primeiras prácticas con este innovador sistema.

Comentarios