Sábado. 20.07.2024
El tiempo

13 persoas forman a brigada de limpeza das praias de Carnota

CHARLA PREVENCION BRIGADAS 2024 Carnota
13 persoas forman a brigada de limpeza das praias de Carnota

Xa está formada a brigada de limpeza das praias do Concello de Carnota para os meses de verán deste ano 2024. O Concello acaba de rematar a contratación temporal das 13 persoas que se ocuparán do coidado dos areais.

Distribuiranse en 3 grupos de traballo, o cal consistirá na limpeza manual de todos e cada un dos areais, así como as áreas lindeiras a estes, a fin de manter en óptimas condicións de uso a zona de costa e preservar o valor natural e ecolóxico dos espazos e areais que conforman a fachada litoral do concello de Carnota.

O programa MA100, de subvencións para a limpeza de praias marítimas, dirixido aos concellos da Provincia da Coruña durante o exercicio 2022, está financiado ao 100% pola Excelentísima Deputación da Coruña. O total da subvención ascendeu a 29.325,46€.

Comentarios