Venres. 03.07.2020
El tiempo

15 [email protected] de Carnota e Muros comezan o Obradoiro de Emprego Naraio Xuvenil

15 [email protected] de Carnota e Muros comezan o Obradoiro de Emprego Naraio Xuvenil
Inauguracion do Obradoiro de Emprego Carnota-Muros Inauguración do Obradoiro de Emprego Carnota-Muros

Xa está en marcha o novo Obradoiro de Emprego “Naraio Xuvenil” que comparten os concellos de Muros e Carnota. O acto de presentación tivo lugar esta mañá de venres na Fábrica de Sel de Muros, a sede do Obradoiro, e contou coa presencia de representación institucional dos dous concellos (Concelleiro de Promoción Económica de Muros, e Segunda Tenenta de Alcalde de Carnota), así como os técnicos de emprego dos dous concellos.

Non faltaron, por suposto, o profesorado emais o director do Obradoiro, así como os 15 ilusionados alumnos-traballadores, que pasarán os vindeiros 6 meses neste programa mixto de emprego e formación que pretende mellorar a empregabilidade, a cualificación e a inserción profesional dos participantes.

Por parte dos representantes municipais recalcouse a oportunidade que supón para estes mozos a de ter unha oportunidade de formarse e traballar en dúas especilidades con demanda de emprego. 5 dos participantes obterán o certificado de profesionalidade na especialidade de limpeza en espazos abertos e instalacións industriais, e os outros 10 en atención sociosanitaria a persoas no domicilio.

O proxecto conta cunha subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria de 140.188,65 euros.

Fonte

comentarios