En Carnota xa non queda cativo sen xoguete

Onte, xoves 12 de decembro de 2013 fíxose efectiva no Concello de Carnota a campaña “Ningún neno sen xoguetes”, que promoveron as Concellerías de Cultura e Servizos Sociais por segundo ano consecutivo, acadando moi bos resultados.

Despois de recoller os xoguetes doados polas xentes de Carnota nos puntos indicados para tal efecto, e xuntalos todos no Concello, elixíronse os máis axeitados para as familias da vila que os precisan, e logo, co resto dos xoguetes fíxose entrega a Cáritas Muros, que se achegaron cunha furgoneta ata a Casa Consistorial para levalos a limpar e empaquetar para que neste Nadal ningún pequeno quede sen o seu agasallo.

Novas relacionadas

Outros programas de Nadal

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).