O VI Encontro Monte Pindo coñecerá a Moa baixo as estrelas
09:05 22/05/14
Cas últimas novidades sobre a raíz etimolóxica do Olimpo Celta chéganos o cartel do VI Encontro Monte Pindo. Unha cita que, como as Xornadas de Pesca Pindo Mariño, colocan á pequena vila carnotá no centro da recuperación patrimonial.
Este ano, como os anteriores, a Pedramar achéganos un programa cargado de actividades diversas. Continúa aposta polo sendeirismo, coa clásica subida ao cume e mesmo unha Andaina Nocturna, unha das novidades deste ano; a aposta polo deporte de aventura coa Galicia Máxica Trail Adventure; a aposta polas charlas históricas; e como non, aposta pola festa tradicional, cunha noite de sardiñada e viño.
.Aquí tendes o programa completo, e tendes as follas de inscrición en pedramaropindo.org:
Novas relacionadas
- As Xornadas de Pesca do Pindo chegan con novas ondas.
- O nome do Monte Pindo podería vir da lingua gaélica afondando nas súas raíces celtas.
- O Monte Pindo volverá acoller unha das 6 probas da Galicia Máxica Trail Adventure.
- 2013: A rabiosa natureza foi a protagonista do Encontro Monte Pindo.
- 2012: Un millar de persoas encontráronse no Monte Pindo.
- 2011: O Monte Pindo disfrutou dun Encontro con historia, música, gastronomía e deporte.
- 2010: A Pedramar achegou o Monte ao Pindo.
- II Simposium Monte Pindo: Por que temos que coidar o Monte Pindo?.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).