4 apostas audiovisuais da Costa da Morte optan aos Premios Mestre Mateo


Por segundo ano consecutivo a Costa da Morte estará moi presente nos Premios do Audivisual galego Mestre Mateo. A Academía Galega do Audiovisual entrega estes premios dende o 2002 demostrando que a produción galega está moi viva, e ten canteira, como comprobamos a semana pasada en Zas.
Así que xa está publicada a listaxe definitiva de candidatos dos PMM10 e son varias as propostas costeiras incluídas. A primeira é "Para mariñeiros nos", a proposta de Omar Rabuñal, Suso Lista e Manolo Castro, que xa cobre o primetime de VTelevisión. Os finalistas coñeceranse trala primeira rolda de votacións o día 15 de marzo; pero coma só hai tres candidatos á Mellor Serie, a produción costeira será finalista automáticamente.
Aquí vos deixamos co trailer da 3ª tempada, que nacía a través da rede e xa deu o salto á gran pantalla de cada casa.
Os Crebinsky

Non serán os Pinto e Coviñas os únicos representantes da nosa bisbarra. O filme de Control Z, Chevere Visión e Zircozine "Os Crebinsky", do que xa viramos un dos seus trailer, tamén están entre os candidatos na categoría Longametraxe. Miguel de Lira é un dos seus protagonistas, e tamén aparece Luis Tosar. O saúdo Crebinsky xa é toda unha lenda...
Crebinsky Trailer from crebinsky on Vimeo.
Unha documental sobre Lira

A 3ª proposta que está entre os candidatos a finalistas é a documental realizada por Servicios Audiovisuais Galegos, SAGA TV S.L. e TVG sobre Lira, reserva de vida na Costa da Morte.
Mar libre

A serie da TVG "Mar Libre", de Ficción Producciones e que foi grabada nas nosas praias, tamén está entre os candidatos na categoría "Película para TV". William Miller Pico ou Pepo Suevos foron algúns dos protagonstas que disfrutaron das paraxes de Louro ou Caldebarcos durante a rodaxe. E algún coñecido actor da zona, como César Cambeiro, tamén teñen o seu papel.
Máis información
- Academia Galega do Audiovisual.
- Para mariñeiros nós en VTelevisión.
- Os Crebinsky na AGV.
- www.crebinsky.com.
Novas relacionadas
- Premios 2009: Dúas propostas do audiovisual da Costa candidatos aos premios Mestre Mateo .
- Pinto e Cobiñas dan o salto á tele.
- A Reserva Mariña de Lira protagonista en toda suramérica.
- Zas ten medo.
- A Costa da Morte serve de escenario inmellorable para unha miniserie 100% galega.
Máis novas audiovisuais
- A saga “Perdidous” da Cherinkas chega ao seu final.
- 6 vídeos de terror para lembrar o Samaín e promover o uso do galego na escola.
- "Smoke", unha curta con premio dos alumnos de Laxe no Festival de Cine de Ourense.
- Galinus vende os seus produtos no mercado de Cee (e na TVG).
- Unha vida no mar de Laxe.
- Laxe ten un Amigo Invisible en Sundance.
Vídeos de Galinus.tv
- Galinus vende os seus produtos no mercado de Cee (e na TVG).
- Galinus A Película.
- Galinus de mudanza.
- "Non somos nós" .
Os Flocos da Costa da Morte
- A loita do Man animado contra o exército de chapapote.
- A Rosa dos ventos malpicáns.
- Os Crebinski.
- "Area nos ollos", unha documental sobre a loita pola liberdade de Baldaio.
- A esperanza dunha tradición que seca ao vento do mar.
Vídeos naturais de Francisco Santiago López
- O Cabo Touriñán.
- "Temporal do 15".
- Jurassic Park en Corcubión.
- O Xabarín.
- O lobo.
- O Río.
- O garañón da Costa da Morte.
- Sequía no embalse da Fervenza.
- Nemancos: a terra dos bosques sagrados.
- Fauna salvaxe da Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).