Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A saga “Perdidous” da Cherinkas chega ao seu final

A saga “Perdidous” da Cherinkas chega ao seu final

Deixamos as tramas orquesteiras por un momento e pechamos a semana con outra trama. Unha moito máis agradable. A que nos brindan os amigos da A.X. Cherinkas que veñen de rematar un dos seus proxectos audiovisuais, que non fai máis que refrendar que o sector da imaxinación na Costa da Morte segue medrando.

E así, lamentablemente, chegou o día do final, un ano despois de se publicara o primeiro capítulo da saga Perdidous na Costa. Velaquí chegou o FINAL de Perdidous, pero tamén da saga A Lenda da Petanca, e do seu protagonista Igor Damianov, xenialmente interpretado por Damián Espasandín, e creada pola cabeza pensante de todo este proxecto, o director Ghillermo Méndez Pérez.

Sumerxíndose na rede

O propio Guillermo cóntanos como se meteron neste proxecto audiovisual: "Atrevémonos cun traballo do que non tiñamos nin idea, pero que defendemos con moita osadía ata chegar a gustarlle a algunha xente que se sumerxe nese mundo nocivo coñecido como Internet".

A rodaxe tamén tivo o seu aquel. Os Míchel Antelo, Pedro G. Pasantes, Marcos Graíño, Juan Miguel Rama... e demais protagonistas tamén pasaron as súas calumnias...e frío..."Foron moitos os días (e moitos domingos) de grabación baixo condicións climatolóxicas moi malas ademáis de outros factores que aventuraban que esta versión de LOST deixaría secuelas", explica Ghillermo.

Con todo, os membros da asociación vimiancesa, quedaron encantados coa saga. "Personalmente foi un dos mellores proxectos nos que estiven na miña vida, e polas grabacións vividas creo que o grupo tamén o pasou moi ben", conta o director.

Aquí traemos o derradeiro capítulo da saga, pero de seguro que algunha sorpresa nos traerán os vindeiros meses.

PERDIDOUS (Episodio FINAL (parte 2/2))

Saga a Lenda da Petanca: "Lost na Costa"

Novas relacionadas

Novas e vídeos do Asalto

  • O derradeiro vídeo do XV Asalto ao Castelo de Vimianzo.
  • Unhas tomas falsas dos vídeos de promoción do Asalto ao Castelo de Vimianzo.
  • Os Irmandiños álzanse contra os Malditos Nobres.
  • O programa do XV Asalto ao Castelo noutro simpático vídeo da Cherinkas.
  • A "Resistencia Irmandiña do 1467" xa no youtube.
  • O Asalto ao Castelo de Vimianzo busca os seus actores cun novo vídeo.
  • Saga da A.X. Cherinkas

    Fonte

    Comentarios