Xoves. 25.04.2024
El tiempo

6 despidos polémicos no Concello de Carnota

6 despidos polémicos no Concello de Carnota
Concello de Carnota

Tanto PP como PSOE de Carnota veñen de manifestar o seu rexeitamento ante a decisión do goberno local do BNG de levar a cabo o despedimento de seis traballadores. Unha decisión “arbitraria” para o PP, que denuncia que se fai "sen explicar cales foron os criterios que se tomaron para prescindir destas persoas".

Falamos de 6 traballadores con máis de 20 anos de experiencia, que formaban parte da brigada de obras, da Axencia de Desenvolvemento Local, o técnico de deportes e o informático.

Os populares califican a medida dunha “falta de respecto” aos traballadores, pois "non se lles ofreceu medidas alternativas como a redución da xornada laboral ou unha diminución das súas retribucións". Así mesmo acusan ó Goberno Local de “falta de transparencia”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PP de Carnota.

Comentarios