A caza da mellor foto submariña



O ano pasado mellores imaxes submariñas da zonas dos Miñarzos. E en breve faremos o propio. I é que hoxe, sábado 14 de maio, estase a celebrar o III Campionato Cazafotosub Mar de Lira, unha proba organizada pola cofradía de Lira, o CLube Os Petóns e a Escola Galega de Apnea e Pesca Submarina.
Serán máis de 30 os participantes chegados de todas partes da península. Iso si, os representantes vascos e catalanes son os máis abundantes. A proba comezaba ás 9:00h e teñen ata as 12:00h para conseguir as mellores imaxes. A comida será no Casa Cachiño.
Cita nas augas de Fisterra
Precisamente baixar ás profundidades é o que fan diariamente os amigos de Buceo Finisterre. Levan anos dando bautismos e cursos de buceo, e este mes de xuño orgamizan o XXIV Campionato Galego de Fotosub. A cita será o domingo 12 de xuño a partir das 11:00h na vila da fin do mundo.
Máis información
- Vídeo do II Campionato Cazafotsub Mar de Lira.
- Reportaxe da TVG do II Campionato Cazafotosub Mar de Lira.
Máis información
Novas relacionadas
- O Campionato Cazafotsub recolle as imaxes submariñas máis impactantes dos Miñarzos.
- Un crucero ao solpor de Fisterra.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).