A Cooperativa de Quilmas denuncia á piscifactoría por contaminación con metais pesados


Xa non é a primeira. O pobo de Quilmas, en nome da Cooperativa de Agricultura Ecolíxica Rainha Lupa, da Asociación para a Defensa do Patrimonio de Quilmas e co apoio de ADEGA, xa presentaron unha denuncia por verquidos de materia orgánica no 2008. A denuncia que presentaron publicamente hoxe os responsables das entidades vén dende 2009, cando xa denunciaban posibles verquidos ilegais en varios cultuvos de trigo adxacentes á actual piscifatoría.
As 3 entidades acaban de presentar unha nova denuncia por posibles verquidos de metais pesados nas súa terras da empresa que xestiona a granxa acuícola, Stolt Sea Farm. Informan de que o Xulgado de Instrución núm.1 de Muros ven de abrir as dilixencias previas "por un presunto delicto contra os recursos naturais e o medio ambiente".
Dende a cooperativa de agricultura ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas, aseguran que "as verteduras desta piscifatoría que veñen contaminando unha finca veciña de máis de 800 m2, o que supuxo a perda das colleitas e convertíu ao terreo en inhábil para a produción de alimentos". Os denunciantes achegaron un informe do Departamento de Química Física e Enxeñería da Universidade da Coruña, que aseguran, "confirma que os terreos están contaminados por metais pesados e substancias salinas procedentes de residuos industriais".
Así, para ADEGA "queda novamente en evidencia a realidade da acuicultura industrial que non só contamina o mar con residuos orgánicos, antibióticos e produtos químicos, senón que tamén envelena a terra".
Acuicultura?
As posicións entre administracións e entidades ecoloxistas son completamente opostas. Mentres a Conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, segue apostando pola acuicultura, e afirmaba a pasada semana que "Galicia xa conta cunha planificación estratéxica para ordear a actividade acuícola, a Estratexia Galega de Acuicultura."
En contra posiciónase radicalmente a entidade ADEGA, que "chama a atención sobre a insustentabilidade da piscicultura industrial que, alén dos brutais impactos paisaxísticos das súas instalacións e dos millóns de m3 de augas contaminadas con materia orgánica, antibióticos e químicos vertidos a caño libre anualmente, agora tamén envelena a terra con metais pesados".
Entrementres, o pobo de Quilmas, que ten apuntado que prefire o rockandroll e o trigo antes que o rodaballo, seguirá esperando para ver como evoliciona o novo Plan Director de Acuicultura Litoral.
Máis información
- ADEGA: Denuncia contra a piscifatoría de Stolt en Quilmas por contaminar a terra con metais pesados.
- Informa da UDC sobre o solo de Quilmas.
Novas relacionadas
- 13-02-12: A voltas coas prantas de acuiculura.
- 16-06-11: Touriñán, Quilmas, Arou e o Cabo C volven esperar as piscifactorías.
- 31-05-09: Nova denuncia da Raínha Lupa contra a piscifactoría de Quilmas .
- 03-12-08: O pobo que quere trigo e non rodaballo .
- 04-09-08: Quilmas denuncia prácticas mafiosas contra os opositores do Plan Acuícola .
- 13-06-08: A Plataforma de Quilmas denuncia á Stolt por un novo vertido de mateira orgánica .
- 03-03-08: A Plataforma de Quimas denuncia a Stolt Sea Farm por vertidos de materia orgánica.
- Un repaso ao proxecto de ampliación da piscifactoría de Quilmas.
Máis novas
Fonte
- Nota de prensa de ADEGA.