A Costa da Morte, e as nosas centrais, non se venden
22:10 12/11/16
Concentración en Cee en defensa dos postos de traballo de Ferroatlantica-Foto-Rafa Quintáns
Rememorando aquelas mobilizacións contra o Plan Acuícola ou pola ITV, a veciñanza da comarca de Fisterra respondeu á chamada dos traballadores de Ferroatlántica.
Ao son de berros como "As nosas centrais non se venden", "Feijoo escoita, a Costa está en loita", "os ríos son nosos, non de Villar Mir", centos de persoas concentráronse en Cee en contra da segregación das actividades de produción hidroeléctricas e ferroaliaxes. A comunidade costeira esíxelle á Xunta que faga efectiva a concesión que une ambas actividades ao Grupo Villar Mir.
Parece que a bisbarra é consciente do drama que suporía un hipotético peche das fábricas de Cee e Dumbría, algo que moitos vén inevitable no caso de ter lugar esa venda e perder a vantaxe estratéxica que supón o control da produción hidroeléctrica do río Xallas. A deslocalización podería provocar un peche progresivo das fábricas.
Non faltou a cidadanía, e tampouco a clase política social. Membros de todos os partidos deixáronse ver na Praza 8 de marzo de Cee.
Foron a poeta Rocío Leira e o actor Toño Casais os que leron un comprometido manifesto, que recordaba a obriga da comunidade á mobilizarse para intentar evitar que a globalización deixe á comarca sen a fonte dun 25% do seu PIB, algo que afectaría moito máis alá que a esas 300-400 familias directas.
A loita continúa.
As pancartas deixan claro que a comarca non permite a venda das centrais hidroeléctricas-Foto-Rafa Quintáns
O Manifesto
Toño Casais e Rocío Leira lendo o manifestoArtigos relacionados
- Alberto Riveiro Sambade: O neoliberalismo na Costa da Morte: capitalismo salvaxe, movemento cidadán e acción colectiva (O caso Ferroatlántica).
- José Luís Louzán: Débedas pendentes.
Novas do #CasoFerroatlántica
- 11-11-16: A Costa da Morte sae a rúa para defender os postos de traballo de Ferroatlántica.
- 10-11-16: Alcaldes da zona invitan á cidadanía a apoiar os traballadores de Ferroatlántica.
- 08-11-16: Os grupos parlamentarios, incluído o PP, di non á segregación de Ferroatlántica
- 07-11-16: O Comité de Ferroatlántica inicia a campaña informativa para mobilizar a toda a poboación
- 05-01-16: O comité de Ferroatlántica abre un periodo de negociacións coa consellería de Industria.
- 04-11-16: O comité de Ferroatlántica abre un periodo de negociacións coa consellería de Industria.
- 03-11-16: A Xunta descarta un ERE en Ferroatlántica
- 03-11-16: O comité de Ferroatlántica reúnese co director xeral de Enerxía e Minas
- 02-11-16: Os alcaldes volven esixir a Feijoo que desautorice a venda das hidroeléctricas de Ferroatlánticas
- 31-10-16: O Presidente de Ferroatlántica recibe os berros da Costa da Morte.
- 31-10-16: A Costa da Morte únese na rede para pedir a Feijoo que intermedie no caso Ferroatlántica.
- 29-10-16: O Pleno de Cee únese para instar á Xunta que non permita a segregación das actividades de Ferroatlántica.
- 28-10-16: O comité de Ferroatlántica entende a venda das centrais hidroeléctricas como unha operación especulativa.
- 27-10-16: FerroAtlántica recoñece a existencia de ofertas para adquisión das centrais hidroeléctricas do grupo
- 26-10-16: O Comité de Ferroatlántica bérralle á Xunta que pare a venda das centrais hidroeléctricas do Xallas e Grande
- 25-10-16: Os alcaldes da Mancomunidade de Fisterra tamén esixen a Feijoo que reciba ao Comité de Ferroatlántica.
- 24-10-16: O Comité de Ferroatlántica pide á Xunta desautorice a venda das centrais co apoio de Pequeño.
- 21-10-16: A venda das centrais, a ruina da comarca.
- 20-10-16: Traballadores de Ferroatlántica solicitan unha reunión co alcalde de Dumbría.
- 19-10-16: Os traballadores de Ferroatlántica únense ante a pantasma da venda das centrais hidroeléctricas
- 18-10-16: Membros de En Marea e do PSdeG reúnense co comité de empresa de Ferroatlántica
- 14-10-16: O BNG esíxelle á Xunta que paralice calquera especulación das minicentrais hidroeléctricas do Xallas
- 12-10-16: O BNG Costa da Morte apoia ao Comité de Ferroatlántica para evitar a segregación
- 11-10-16: O Comité de Ferroatlántica esixe a non segregación das actividades produtivas
- Abril 2016: Ferroatlántica calma os ánimos ante as críticas do BNG sobre a perda de postos de traballo.
- Marzo 2016: Medra a presión sobre o mantemento da actividade productiva de Ferroatlántica.
- Febreiro 2016: O grupo popular esíxelle a Ferroatlántica que manteña os postos de traballo
- Febreiro 2016: Os sindicatos e o BNG esixen a Ferroatlántica o mantemento dos compromisos laborais
- Outubro 2015: Piden a paralización das obras do río Xallas tras recoñecer a Xunta irregularidades na construción.
- Decembro 2014: Por unha Tarifa Eléctrica Galega.
- Redacción QPC ([email protected])
- Fotos de Rafa Quintáns.