A Costa da Morte tamén é Heredeira pola Forza
Non pode quedar ninguén esta fin de semana sen coñecer "Heredeiros pola forza", un libro de referencia, e de protesta, feito por dous dos pesos pesados da nova arqueoloxía galega: Xurxo Ayán e Manuel Gago. I é que esta fin de semana hai doble sesión de presentación, unha no norte e outra no sur da bisbarra.
A primeira será este venres 20 de xullo, as 20:30h na trastenda da libraría A Tenda dos Libros, de Ponteceso. Ademais, o sábado 21, e no marco das Barferencias arqueolóxicas de Carnota do innovador Proxecto da #TorredosMouros, poderemos velos no Salón de Actos do Concello de Carnota, ás 20:30h.
E se queremos ver o seu traballo a pé de cata, non temos máis que ir unha fin de semana polo Monte do Castro, en Lira, onde Gago e Ayán participan dende hai un mes nos traballos arqueolóxicos revolucionarios da Torre dos Mouros.
Polo de pronto, podedes ir vendo un capítulo do libro sobre... Dombáter.
Sinopse e obxectivo
O libro é unha chamada á acción para recuperar o noso inmenso patrimonio cultural no horizonte do século XXI. Ayán e Gago escolman en Herdeiros pola Forza vivencias de quince anos de traballo profesional desde a investigación e a comunicación cultural ao longo de todo o país, escribindo episodios que combinan a reflexión coa acción e un amplo anecdotario vivido e sentido en proxectos e iniciativas.
En Herdeiros pola Forza, Ayán e Gago avogan por transformar un modelo enquistado e esclerotizado de xestión do noso patrimonio cultural, devolvendo ás sociedades a relación coa súa propia memoria, e recuperando o sentido da nosa enorme herdanza e da nosa memoria. A sociedade galega do século XXI: urbana, usuaria das novas tecnoloxías e sometida a fortes procesos de tensión identitaria interna, precisa darlles novos sentidos ao patrimonio cultural.
Este libro está escrito desde a crenza en que a nosa sociedade está a cambiar con rapidez, e está converténdose, gradualmente, ela mesma, en protagonista dese proceso de recuperación.
Os autores
- Manuel Gago é un xornalista que quere ser arqueólogo. Traballa como director de culturagalega.org e é profesor de ciberxornalismo na Facultade de CC da Comunicación en Santiago de Compostela. O tempo que lle queda libre dedícallo ao blog Capítulo Cero.
- Xurxo Ayán é un arqueólogo que quere ser xornalista. Traballa no Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC en Compostela. Edita o blog Arqueoneixon e colabora co portal Lg3 do Consello da Cultura Galega, o Xornal Certo e mailo Galicia Confidencial.
Por que Heredeiros? E por que pola forza?
Aquí vos deixamos, co señor Gago (xigante divulgador e comunicador) que nos explica un pouco o sentido deste libro:
Máis información
- Capítulo 0: Heredeiros pola Forza.
- Certo: Entrevista con Xurxo Ayán e Manuel Gago.
- Blog de Manuel Gago: Capitulo 0.
- Blog de Xurxo Ayán: Arqueoneixón.
Novas relacionadas
- >a href="/articulo/cultura/un-capitulo-de-herdeiros-pola-forza-dombater/20120720130803070947.html">Un capítulo de Heredeiros pola forza: Dombáter.
- Os nenos tamén aprenden arqueoloxía cos contos da Torre dos Mouros.
- A #TorredosMouros cambia a forma de facer arqueoloxía.
- A arqueoloxía toma os bares en Carnota.
- 18 arqueólogos participarán nas Xornadas Castrexas de Vimianzo.
- Entrevista con Manuel Gago: “O litoral da Costa ten propiedades hipnóticas”.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).