Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Deputación crea dúas novas brigadas medioambientais en Corcubión e Carnota

A Deputación crea dúas novas brigadas medioambientais en Corcubión e Carnota
Imaxe de arquivo das Brigadas antiincendios da comarca Imaxe de arquivo das Brigadas antiincendios da comarca

O Plan de Medio Ambiente (PMA) da Deputación da Coruña vai crear varias brigadas medioambientais en 20 concellos da provincia. Falamos de cuadrillas que realizarán traballos de limpeza, vixilancia, coidado, protección, mantemento e recuperación do medio ambiente en espazos municipais coma zonas axardinadas, áreas de ocio e de lecer, sendeiros fluviais e contornas naturais. En concreto, algunhas das accións que executarán as brigadas serán a repoboación de espazos forestais, mantemento de xardíns, coidado de árbores, acondicionamento de terreos e roza de plantas e herbas nas diversas áreas de titularidade municipal, entre outras tarefas complementarias segundo as necesidades concretas de cada concello.

Na Costa da Morte, serán dúas as cuadrillas financiadas polo Plan de Medio Ambiente. Trátase de Corcubión, que recibiu 3.181,15 euros e contratará dous peóns. En Carnota destinaranse 7.358,57 euros á contratación de dous peóns que se dedicarán, entre outras labores, á limpeza e acondicionamento da Senda Verde, das rutas de sendeirismo do Monte Pindo e outras como as rutas dos Mariñeiros, Faro de Lariño ou Bico do Santo.

Fonte

  • Deputación.

Comentarios