Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Escola de Música de Carnota salvada con apoio empresarial

A Escola de Música de Carnota salvada con apoio empresarial

Unha vez asinado o novo Consello Local do Mar, que aglutina forzas vivas carnotáns (administracións, asociacións e empresas), o Concello de Carnota informa hoxe do convenio de colaboración asinado entre o Concello e a empresa Stolt Sea Farm S.A.

O convenio serve para axudar á Escola Municipal de Música no seu funcionamento, comprometéndose a financiar parte dos custos. Unha ESMU quee estaba en grave risco de desaparecer, e que supón unha educación paralela importante para todos os cativos/as e unha boa vía de escape para os adultos/as.
Así, tanto Concello como Sociedade mercantil defenden que a finalidade deste convenio é que a Escola municipal de Música de Carnota siga achegando a todas as persoas do Concello á cultura en forma de música.

A aportación da sociedade mercantil será de 5.000 € no presente ano, 2.000 € no 2013 e outros 2.000 € no 2014, derradeiro ano da vixencia do convenio.

Dende o Concello agradecemos a Stolt Sea Farm na súa colaboración para o mantemento da actividade da Escola Municipal de Música.

Novas relacionadas

Comentarios