Apoio empresarial á Reserva Mariña de Os Miñarzos


Novidades, economicamente positivas, para o pioneiro proxecto de seguimento científico da Reserva Mariña “Os Miñarzos”. I é que a confraría de Lira contará co apoio de Ferroatlántica, en virtude dun convenio asinado onte entre Carlos Oliete, director das fábricas da empresa en Cee e Dumbría, e José Antonio Neira, coordinador da reserva, que ten coma obxectivo a xestión eficaz e sostible dos recursos e ecosistema mariños na comarca.
O proxecto vai contar coa colaboración de empresas privadas como Ferroatlántica, e ten como beneficiarias directas un total de 56 embarcacións e 24 mariscadoras da comarca e, segundo os responsables da iniciativa, “aportará valor ao conxunto da nosa actividade na Costa da Morte, e consideramos que pode ter unha influencia beneficiosa no turismo e a hostalería do territorio ademáis de amosar un claro compromiso do empresariado local na preservación da biodiversidade e da pesca artesanal”.
Un proxecto pioneiro dende a Costa da Morte
Trátase do único exemplo en Galicia de conservación ambiental do mar con proxección internacional. De feito, un informe presentado no marco do programa mariño ISU (International Sustanability Unit) da Fundación Principe de Carlos de Inglaterra, con 50 experiencias reais de todo o mundo nas que se fai unha explotación sostible dos recursos pesqueiros, o da Reserva os Miñarzos está entre os nove proxectos europeos presentados, sendo o único español analizado.
Máis proxectos mariñeiros
Ferroatlántica xa ten participado en distintos proxectos relacionados co ámbito mariño da comarca, colaborando con entidades como a Asociación de Mergulladores de Fisterra ou a Cooperativa do Longueirón de Corcubión. Así mesmo, o ano pasado financiou dúas publicacións, dentro do programa de educación ambiental Aprendendo do Mar, en colaboración coa entidade Asoar-Armega, de Fisterra.
Novas relacionadas
- A Fundación Príncipe Carlos recoñece o traballo cara unha pesqueira sustantable da Confraría de Lira.
- Lira achegouse á sostibilidade no mar.
- A Reserva Mariña expande as súas redes en conferencias e en Festivais de Cine.
Outras novas
- Cascada de apoios ao Parque Natural no Monte Pindo: 33 novas entidades defenden a protección do Olimpo Celta.
- A Cooperativa de Quilmas denuncia á piscifactoría por contaminación con metais pesados.
Máis novas sobre Lira
- O carnotán Xoán López Cambeiro acadou o segundo posto no Campionato CazaFotosub de Lira.
- A Reserva Mariña de Lira segue dando exemplo en festivais de todo o mundo.
- Unha reserva de vida na Costa da Morte.
- A Reserva Mariña de Lira protagonista en toda suramérica.
- Un estudio de futuro sobre a Área Protexida dos Miñarzos .
- Os Miñarzos, o mellor exemplo de pesca sostible para WWF-Adena.
- O futuro da pesca: Un exemplo dende Lira.
- Lira, protagonista do Escaravajo verde da TVE.
Fonte
- Información da Confraría de Lira.