Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A estafa das Marabillas Naturais de Galicia chega ao Parlamento

A estafa das Marabillas Naturais de Galicia chega ao Parlamento
Captura da páxina maravillasnaturaisgalicia.com mentres seguía en funcionamento

A semana pasada, no Prouxiarado, o secretario da Asociación Monte Pindo Parque Natural, Mario Maceiras, denunciaba un suposto fraude no concurso "Marabillas Naturais de Galicia" contando coa colaboración da CRTVG. Unha proposta que mesturaba natureza e solidariedade e que contou no seu momento co respaldo de numerosos medios.

Unha das paraxes escollidas polos votantes internautas foi o LIC Carnota-Monte Pindo, sendo de feito a máis destacada, que se presentaba como gañadora para recibir unha homenaxe nunha suposta gala de entrega de premios. Gala que nunca se celebrou.
Ademais, houbo recadación polos establecimentos hostaleiros, dos que moitos pagaron pero nunca viron os seus anuncio na desaparecida web.

Hoxe, o BNG, da man do deputado Bieito Lobeira, anuncia que preguntará no Parlamento pola suposta colaboración da CRTVG neste fraudulento proxecto, a raíz da denuncia da Asociación MPPN.

Lobeira denuncia que "todo parece indicar que se trata dunha estafa", polo que vai preguntar que relación tivo a CRTVG no proxecto, se achegou algunha cantidade e se hai previsto tomar algunha medida á vista do exposto.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG.

Comentarios