![A Federación Galega de Montañismo celebrou o Día das Montañas na Serra do Pindo]()
A Federación Galega de Montañismo celebrou o Día das Montañas na Serra do Pindo
Este 11 de decembro é o Día Internacional das Montañas, e para celebralo a
Federación Galega de Montañismo (FGM) artellou unha Andaina pola Serra do Pindo, da man da
Asociación Monte Pindo Parque Natural. Unha data que pretende ano a ano aumentar a sensibilización social coa enorme importancia destes espazos naturais.
Unha data ideal para berrar alto pola catalogación do Monte Pindo como Parque Natural, como reivindica a entidade costeira así como a propia Federación e todas as entidades que participaron:Sociedade de Montaña Ártabros, Club Montaña Ferrol, Club Montañeiros Celtas, Club Pena Trevinca - Montañeiros de Galicia, AROMON Club Montañeiros Pontevedra A Roelo, Club de Montaña e Escala Azimut, Club de Montaña Xistra, Club Alpino Ourensán, e a Agrupación Montañeiros Independentes.
Así, mais de 200 persoas realizaron este domingo a ruta do Fieiro, nunha xornada sen incidentes (máis alá de 3 motos que non tiveron demasiado coidado cos camiñantes), con momentos ben emotivos, como ese soar das gaitas na Casa da Xoana.
[fbvideo link="https://www.facebook.com/quepasanacosta/videos/10154686153842177/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).