Domingo. 13.10.2024
El tiempo

A hostalería de Carnota une forzas para combatir a estacionalidade

A hostalería de Carnota une forzas para combatir a estacionalidade

Todo o que sexa unión dentro dun sector é positivo. Parece que así o entenden xa, Tcoma en Fisterra, en Carnota, onde o pasado venres celebraron a terceira reunión da Hostalería carnotá. Unhas xuntanzas con obxectivo de buscar alternativas conxuntas do sector a estacionalidade e a caída da actividade.

Na reunión estabán presentes tanto establecimentos de restauración, como de hospedaxe ou empresas de deporte activo é naútico. De aí que as ideas vaian nun camiño común:

  • 1.- Crear paquetes conxuntos, aunando ofertas de hospedaxe, restauración e actividades complementarias, de maneira que todos os compoñentes da oferta poidan ofertar os paquetes e xestionalo.
  • 2.- Crear produtos específicos que se ofertarán no stand do hostalería de Carnota que se vai a realizar para a Semana Santa.
  • 3.- Creación dunha web interactiva, da hostalería de Carnota, onde se ofertarán os paquetes e se detallarán as actividades e complementos que van a realizarse.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Carnota.

Comentarios