Xoves. 18.04.2024
El tiempo

A rapazada de Carnota intercambia experiencias Cos Amig@s de Castrelo de Miño e Moeche

A rapazada de Carnota intercambia experiencias Cos Amig@s de Castrelo de Miño e Moeche
SOMOS O FUTURO_2 febreiro_Carnota

Continúa en marcha o fermoso proxecto acreditado por UNICEF “Carnota Amiga da Infancia e da Adolescencia”. E faino neste mes de febreiro cunha xornada de intercambio de experiencias con dous dos concellos galegos que tamén foron recoñecidos por UNICEF: Castrelo de Miño e Moeche.

Esta xornada, que se celebrará este sábado 2 de febreiro, leva o nome de “Somos o futuro” e pretende abrir pontes e traballo compartido entre os tres concellos.

”A idea é crear espazos de traballo nos que a rapazada intercambie experiencias e profunde no funcionamento dos Consellos de Participación Infantil e Adolescente”, explícanos Reyes Quintela, responsable municipal do proxecto.

O Salón de Actos municipal acollerá un obradoiro con representantes do Consello Municipal de Participación de Carnota (asociacións, comunidade educativa e persoal técnico e político), e un intercambio de experiencias coa rapazada e adultos. Pola tarde, no Local Vintepicopés haberá unha dinámica de participación coa rapazada.

A participación require inscrición previa no Departamento de Servizos Sociais do Concello. Tfno: 981 85 70 32.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios