Abertas as inscricións para o IX Trail Vikingo de Carnota
O vindeiro domingo 12 de novembro terá lugar o IX Trail Vikingo organizado polo Concello de Carnota, o Club Praia de Carnota Runners e o Club O Jerreiro coa colaboración do Club Ciclista 40”ss. Nesta competición poden participar todas as persoas que o desexen, tanto nenos/as como adultos/as.
Haberá dúas distancias (para as persoas maiores de 16 anos), unha distancia longa de aproximadamente 24km e unha distancia curta de 12km cun desnivel maior de 1200 na distancia longa. Ademais, a saída de todas as probas efectuarase dende o pavillón de Lamas de Castelo. O horario de apertura das mesas para a recollida de dorsais será ás 09:00 h no pavillón de Lamas de Castelo e poderanse recoller ata 15 minutos antes do inicio da proba.
Inscricións
As inscricións realizaranse a través da páxina web www.cronotec.es, ata o 8 de novembro ás 23:59 h. cun custo de 10€ para as categorías Sénior e M50. No caso dos/as menores de idade será gratuíta.
Podedes consultar máis información web do Concello de Carnota www.carnota.gal.