martes. 07.04.2026
El tiempo

Alfonso Blanco Quintela presenta en Carnota o libro sobre a súa toponimía

Presetacion Toponimia de Carnota
Alfonso Blanco Quintela presenta en Carnota o libro sobre a súa toponimía

O próximo sábado, 11 de abril, ás 12:00 horas, terá lugar no Centro Cultural do Viso a presentación do libro Toponimia de Carnota, de Alfonso Blanco Quintela, editado pola Real Academia Galega (RAG) e a Asociación Galega de Onomástica (AGOn) dentro da colección Terra Nomeada.

O autor estará acompañado na mesa da presentación polo presidente da RAG, Henrique Monteagudo Romero; Ana Boullón, en representación da AGOn; e Juan Manuel Saborido Rama, alcalde de Carnota.

Alfonso Blanco Quintela, licenciado en Filoloxía Clásica, é tradutor e exerce a docencia no IES Fontexería de Muros nas materias de Latín, Grego e Cultura Clásica. Tamén é autor do volume Toponimia de Muros (2023), publicado na mesma serie, e leva anos realizando un importante labor de divulgación dos nomes de lugar da comarca.
Neste novo libro, analiza 20 dos 59 nomes de lugar da toponimia maior de Carnota e 8 da toponimia menor, ofrecendo así unha mostra representativa dos topónimos do concello, dos que o portal colaborativo Galicia Nomeada recolle xa máis de 3500.

Comentarios