Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Alfonso Blanco Quintela fixo que Muros recuperase a súa toponimia

Presentacion libro Alfonso Quintela en Muros
Alfonso Blanco Quintela fixo que Muros recuperase a súa toponimia

Este pasado venres tivo lugar na antiga Fábrica de Sel a presentación do libro “Toponimia de Muros”,o un novo volume da colección Terra Nomeada da Real Academia Galega, realizado por Alfonso Blanco Quintela.

O autor, mestre de latín e grego no IES Fontexería de Muros, estivo acompañado pola alcaldesa de Muros, María Lago, o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, o vicesecretario da RAG, Henrique Monteagudo, o académico e membro do Seminario de Onomástica, Antón Santamarina, e a presidenta da Asociación Galega de Onomástica, Luz Méndez.

O público encheu o local e, nun ambiente relaxado e distendido, puido escoitar explicacións sobre algúns topónimos recollidos no libro, do que había exemplares á venda. Ao final do acto, o autor asinou e dedicou varios deles.

Comentarios