luns. 23.02.2026
El tiempo

Alfonso Blanco Quintela presenta na RAG "Toponimia de Carnota": "Hai varios nomes de lugares que causaron máis dunha dor de cabeza"

Alfonso Quintela con Toponimia de Carnota
Alfonso Blanco Quintela presenta na RAG "Toponimia de Carnota": "Hai varios nomes de lugares que causaron máis dunha dor de cabeza"

Volve Alfonso Blanco Quintela, profesor no IES Fontexería de Muros, lanzar un novo libro. Neste caso, acaba de publicar, na colección Terra Nomeada da Real Academia Galega, un libro sobre a toponimia maior do concello de Carnota, seguindo a saga que comezou co libro sobre MurosToponimia de Carnota (Terra Nomeada - RAG) fai un fermoso repaso pola realidade lingüística do concello.

O propio autor cóntanos como foi o desafío destacando que "a idea que me move a investigar a toponinia é un convencemento persoal de que coñecer as orixes dos nosos nomes de lugar é un apaixonante xeito de abrir portas ó noso pasado. E para min coñecer o noso pasado fai máis doado valorármonos como colectivo".

"O certo é que a toponimia de Carnota é un tesouro, como o é a de toda Galicia. Pero no caso de Carnota hai varios nomes de lugar únicos e enigmáticos (Nóutigos, Panchés, Lira...), o que me causou máis dunha dor de cabeza (que dou por ben sufrida)", cóntanos. "Ademais, está o caso do Pindo, que é un topónimo moi debatido, e ó que dediquei un esforzo especial coa intención de aclaralo".

"Por outra parte, chamoume a atención o ben documentados que están na Idade Media lugares como Adraño, situados na zona montañosa do concello. Isto é unha pista de que en tempos antigos a poboación se xuntaba en núcleos afastados da beiramar (de onde podían vir perigos), buscando a seguridade en puntos elevados, con boa visión do terreo e de acceso algo difícil. Isto contrasta coa tendencia dos tempos actuais de colonizar a costa".

Máis novas

Comentarios