Andrea de la Iglesia estreouse na casa
18:32 19/03/23
Noite emocionante a deste sábado na Lonxa Vella de Lira. A A.C. Canle invitaba a nova cineasta carnotá Andrea de la Iglesia a estrear os seus dous primeiros traballos documentais, AVOAS e VOGAR (esta última participou en competición na IV Mostra Mares da Fin do Mundo de Outes).
A de Pedrafigueira, ante unha lonxa ateigada, agradeceu a colaboración das súas avoas, así como ao equipo que fixo posible Vogar, e non esqueceu a homenaxe que lle fixo a entidade cultural Canle.
Houbo tempo tamén para a música, e foi Carmen Dor a que cantou por primeira vez en Lira.