Martes. 23.04.2024
El tiempo

Apoio empresarial á Reserva Mariña de Os Miñarzos

Apoio empresarial á Reserva Mariña de Os Miñarzos

Novidades, economicamente positivas, para o pioneiro proxecto de seguimento científico da Reserva Mariña “Os Miñarzos”. I é que a confraría de Lira contará co apoio de Ferroatlántica, en virtude dun convenio asinado onte entre Carlos Oliete, director das fábricas da empresa en Cee e Dumbría, e José Antonio Neira, coordinador da reserva, que ten coma obxectivo a xestión eficaz e sostible dos recursos e ecosistema mariños na comarca.

O proxecto vai contar coa colaboración de empresas privadas como Ferroatlántica, e ten como beneficiarias directas un total de 56 embarcacións e 24 mariscadoras da comarca e, segundo os responsables da iniciativa, “aportará valor ao conxunto da nosa actividade na Costa da Morte, e consideramos que pode ter unha influencia beneficiosa no turismo e a hostalería do territorio ademáis de amosar un claro compromiso do empresariado local na preservación da biodiversidade e da pesca artesanal”.

Un proxecto pioneiro dende a Costa da Morte

Trátase do único exemplo en Galicia de conservación ambiental do mar con proxección internacional. De feito, un informe presentado no marco do programa mariño ISU (International Sustanability Unit) da Fundación Principe de Carlos de Inglaterra, con 50 experiencias reais de todo o mundo nas que se fai unha explotación sostible dos recursos pesqueiros, o da Reserva os Miñarzos está entre os nove proxectos europeos presentados, sendo o único español analizado.

Máis proxectos mariñeiros

Ferroatlántica xa ten participado en distintos proxectos relacionados co ámbito mariño da comarca, colaborando con entidades como a Asociación de Mergulladores de Fisterra ou a Cooperativa do Longueirón de Corcubión. Así mesmo, o ano pasado financiou dúas publicacións, dentro do programa de educación ambiental Aprendendo do Mar, en colaboración coa entidade Asoar-Armega, de Fisterra.

Novas relacionadas

Outras novas

Máis novas sobre Lira

Fonte

  • Información da Confraría de Lira.

Comentarios