Martes. 10.12.2019
El tiempo

As viuvas doentes de Ferroatlántica

As viuvas doentes de Ferroatlántica
Portada da revista el Caso en setembro de 1969 falando das viuvas por silicose da fábrica de Carburos Metálicos da Costa da Morte Portada da revista el Caso en setembro de 1969 falando das viuvas por silicose da fábrica de Carburos Metálicos da Costa da Morte maria-trillo-castelo-viuva-de-ferroatlantica-el-caso

Segue a Costa da Morte conmocionada polo que pode ser o comezo do peche do gran motor económico da comarca de Fisterra. O neoliberalismo está sendo cruel con esta esquecida bisbarra e as débedas pendentes dalgúns, parece que as imos pagar todos. A empresa Ferroatlántica segue coa súa intención de vender as centrais do Xallas a pesar da vinculación que obriga a concesión entre produción hidroeléctrica e de ferroaliaxes.

Para decatarnos do que estas fábricas teñen suposto á comarca, o alcalde dumbriés Pequeño Castro ten recordado a súa historia de crecemento económico… e tamén de desastre ambiental que ten suposto en non poucas ocasións. Nesa valoración recordaba aquela construción do encoro de Santa Uxía, e a oposición dos veciños que viron as súas terras alagadas e a auga practicamente ás portas das súas casas; ou o prezo que houbo que pagar polos túneles de O Brazal, que percorren 10 duros quilómetros a costa da silicose de centos de traballadores; moitos deles xa non poden contalo, pero aínda son moitos os que lembran as protestas do 68 polas enfermidades ocasionadas por esta industria.

Precisamente hoxe queremos lembrar ese suceso, con esta reportaxe da revista El Caso. Situámonos en setembro de 1969 e a enviada especial Margarita Landi falara cunha ducia de viuvas do partido xudicial de Corcubión noutro “Escándalo de silicosis”.

Landi recordaba que no Ézaro había máis de 50 viuvas por mor da silicosis e os accidentes laborais, causados na factoría de Carburos Metálicos. A crónica relata tamén o medo a enfermar polos fumes negros que saían das chemineas da fábrica.

margarita recorda que as intoxicacións empezaron en 1947 e fala con Maria Trillo Castelo, con Emilia Sambade Blanco, con Fortuna Joaquina Cambeiro Lago, con Piedad Pérez Sambade, con Josefa Figueira Carreira ou con Leonor Lourdo Trillo, con Clementina Trillo Pérez, con Victorina Vigo Louzán, con Clotilde Lourido Pérez, con Manuela Carballo Sambade, con Erondina Franco Sambade, con María González Piñeiro, con Dolores Cambeiro Louro, con Preciosa Castro Rodríguez, con Paula Cambeiro Lago, con Aurelia Caamaño Pérez ou con Josefa Beiro Castro.
A reportaxe falaba tamén co párroco, José Antonio Vigo Louzán, tamén afectado da enfermidade tras sufrir un accidente laboral.

Non perdades os detalles:

las-viuvas-doentes-de-corcubion-ferroatlantia-el-caso-1960-3 las-viuvas-de-ferroatlantica-corcubion-el-caso-1969-3b las-viuvas-doentes-de-corcubion-ferroatlantia-el-caso-1960-4 las-viuvas-doentes-de-corcubion-ferroatlantia-el-caso-1960-2 las-viuvas-doentes-de-corcubion-ferroatlantia-el-caso-1960-5  

Artigos relacionados

Novas do #CasoFerroatlántica

  Fonte

Comentarios