Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Avanzan as obras de rehabilitación do Hórreo de Carnota

rhdr
Visita do Delegado da Xunta Ovidio Romero ás obras de rehabilitación do tellado do Hórreo de Carnota
Avanzan as obras de rehabilitación do Hórreo de Carnota

Continúan en marcha as obras de rehabilitación do Hórreo de Carnota, declarado Monumento Nacional do Hórreo de Carnota. Despois de meses co tellado absolutamente esfolado, parece que as administracións (que non a propietaria, a Igrexa), se puxeron a traballar para solucionar o problema.

Os traballos , que contan cun orzamento da Consellería de 33.000€, consisten na renovación da cuberta, na mellora da cantería do pavimento e na reforma da estrutura e entaboado de madeira e reparación dos danos producidos polos movementos na cornixa pola perda de material e roturas na cantería próxima ás portas.

Novas relacionadas

Comentarios