Sábado. 21.09.2019
El tiempo

Esfólase o Hórreo de Carnota ante a pasividade das administracións e da Igrexa

Lado do tellado caído do horreo de Carnota
Lado do tellado caído do horreo de Carnota
Esfólase o Hórreo de Carnota ante a pasividade das administracións e da Igrexa

O terceiro hórreo máis longo de Galicia e un dos máis simbólicos, esfólase. A situación do tellado é practicamente insostible, pois leva caendo máis de 3 anos.

A Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego (Apatrigal) ten denunciando o derrubo dun extremo do tellado. “Nin o Concello de Carnota, nin os seus donos nin a Xunta de Galicia reparan o seu tellado”, lamentan dende a entidade.

Malia ser propiedade da Igrexa, do Arcebispado de Santiago, se ben as administracións tamén deben velar por este ben cultural. Aínda co goberno do BNG, no primeiro trimestre deste ano, o cura agradecía ao Concello as xestións que fixera o Concello informando á Xunta, e confirmaba que o ente autonómico asumiría a obra de rehabilitación do tellado. Dende o novo goberno socialista aseguran que Patrimonio da Xunta conta cunha partida de 60.000€ para darlle solución ao problema.

O hórreo de Carnota, de “estilo Noia”, en 34 metros de longo, ten 11 pares de pés e data do 1768.

Vista aerea do Horreo de Carnota-Foto-Apatrigal
Vista aérea do Hórreo de Carnota onde se ve perfectamente a grieta-Foto-Apatrigal

Novas sobre hórreos

Comentarios