Cancelado o Festórreo de Lira polas previsións meteorolóxicas

Non vai poder ser, este sábado 30 non vai haber Festórreo en Lira. A Asociación cultural Canle, moi o seu pesar, vén de anunciar a cancelación do Festórreo 2025, unha decisión tomada debido as condicións climatolóxicas adversas que se darán na xornada sabatina.
"Non foi unha decisión fácil de tomar, nin moito menos unha decisión sen premeditalo", recoñecen dende a entidade, "posto que estivemos en contacto permanente con Meteogalicia a expensas de obter unha pequena tregua no tempo e poder seguir avante con tan esperado evento para nós. Por desgraza, as noticias obtidas por Meteogalicia non foron as
esperadas e desexadas, polo que non temos máis opción que cancelar o noso tan querido Festórreo", explican.
Con todo, aproveitan para "agradecer a toda a veciñanza de Lira que colaborou e axudou dun xeito ou outro; os
actores locais e non tan locais como Federico Pérez, por embarcarse un ano máis en tan bonito e querido proxecto e
unha gran mención os grupos convidados Pandeireteiras da Solaina, Alana, De Ninghures e Los Lunes al Sol pola súa
comprensión ante tal situación que se escapa do noso control". "Este ano non puido ser, pero para o ano volveremos; máis fortes e con máis ganas de Festórreo".