Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Carnota abre o prazo de inscrición para a Carreira das Areas

Carnota abre o prazo de inscrición para a Carreira das Areas
O Concello de Carnota infórmanos de que xa está aberto o prazo de inscrición para  a vixésima edición da Carreira das Areas,  que organiza cada ano o Concello. Trátase dunha carreira popular pola praia, un evento deportivo no que namentres hai que correr oito quilómetros, arredor está unha das paisaxes máis fermosas de Galicia. Haberá trofesos para os gañadores, obra de Nacho Porto, natural de Carnota, e feitos de cerámica orixinal. Tampouco faltará o roscón e as bebidas para repoñer forzas, ou agasallos para todos os participantes. Categorías Son sete as categorías en función da idade. Comezando polos máis novos, están as categorías de benxamíns e alevíns. Son os nados entre 1998 e 2003. Terán que facer un percorrido de dous quilómetros. Os cadetes, senior A, senior B e veteráns (dende os 14 anos en adiante) percorrerán oito quilómetros. A proba terá lugar o día 20 de agosto. Para inscribirse hai que facelo a través da web cronotec.es. Benxamíns e alevíns non pagan. O resto de categorías deben desembolsar tres euros por participante. Se a inscrición faise despois do 17 de agosto, o prezo será de cinco euros.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Carnota.

Comentarios