Carnota celebrará o seu IV Torneo de Tenis
09:17 27/07/11
O Concello de Carnota xa abriu o prazo de inscrición para a cuarta edición do Torneo de Tenis Concello de Carnota, que se celebrará na semana do 8 ao 12 de agosto en horario de tarde e noite.
Este torneo xa se convertiu nunha cita tradicional dentro do verán lúdico carnotán. Adoita reunir a varios xogadores da zona, e como novidade, este ano se prolongará durante toda unha semana. Os partidos xogaranse nas pistas de Lamas de Castelo e Lombáns. O campión e o subcampión recibirán un trofeo conmemorativo.
Para máis información ou inscricións, hai que dirixirse ao Concello de Carnota ou chamar ao teléfono 981 857 032.
Novas relacionadas
- O Albariño Valtea promociónase cunha imaxe do Olimpo Celta.
- Lira achegouse á sostibilidade no mar.
- O Mercado Ecolóxico de Quilmas acada bos resultados.
- Novo quiosco en Carnota logo do convenio entre COGAMI e o Concello.
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Carnota.