Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Carnota acollerá unha nova mesa-debate do proxecto "Ciencia no Camino"

Ciencia no Camino 2
Carnota acollerá unha nova mesa-debate do proxecto "Ciencia no Camino"

Se por Dombate haberá unhas xornadas científicas arredor da pandemia, Carnota acollerá unhas xornadas no marco do proxecto “Ciencia no Camiño”. A cita desenvolverase o 4 de xuño no salón de plenos do Concello, cunha unha mesa redonda como epicentro con catro relatores.

A xornada, organizada pola Afiprodel e patrocinada por O Teu Xacobeo, parte do lema «Ciencia + Negocio + Camiño», e coa presentación do alcalde Juan Manuel Saborido “Moma”, e moderada por Olga Formoso Beiro (presidenta da Asociación de Empresarios de Carnota), terá os seguintes participantes:

  • Jesús Picallo Santos é empresario e presidente da Asociación de Empresarios do Camiño de Santiago a Muxía (Solpor) e vicepresidente do Clúster de Turismo de Galicia;
  • Ricardo García Mira é catedrático de Psicoloxía Social na Universidade da Coruña e especialista en psicoloxía ambiental;
  • Soledad Agra Tuñas é representante da Asociación Turística Comarcal Ría de Muros-Noia (Ría da Estrela);
  • Francisco Calo Abelleira é presidente da Asociación Amigos do Camiño Ría de Muros-Noia.

Ciencia no Camino en Carnota 2

Ciencia no Camiño

Como explicou María Dolores Pena, presidenta de Afiprodel, «‘Ciencia no Camiño’ incidirá nas oportunidades que a tecnoloxía, a cultura e o coñecemento científicos supoñen para o desenvolvemento dos municipios e comarcas galegas, sobre todo, no que atinxe a propostas vencelladas a unha promoción do territorio sustentable, como pode ser o turismo científico». Así, unha primeira fase do proxecto consistiu nunha serie de obradoiros para alumnado de primaria e secundaria, baseados nos kits de experimentación científica desenvolvidos por XuvenCiencia, que chegaron a colexios e institutos de localidades de diferentes Camiños de Santiago, como Lugo, Folgoso do Courel, Guntín, A Fonsagrada e Ribadavia.

Localizacións como Carnota, Vimianzo ou A Coruña centran esta seguinte fase dentro do proxecto, que consiste en charlas e intercambios de ideas con personalidades da investigación e a innovación científicas en distintos ámbitos, máis orientadas ao público en xeral e adulto e, sobre todo, para fomentar o emprendemento nos ámbitos da tecnoloxía e o turismo científico.

Novas relacionadas

Comentarios